A PIARA


Tras a lectura do conto La Piara, a aula de 3 anos realizou unha actividade moi especial, vinculada co descanso e cos soños.

O conto narra a historia dunha piara de porcos que son contados unha e outra vez antes de durmir. Cun toque de humor, a historia xoga coa idea de contar ovellas para durmir, valorando a dificultade este traballo.

Así, a partir desta divertida historia, reflexionamos na aula sobre a rutina que nos axuda a relaxarnos pola noite. Despois, elaboramos un atrapasoños como símbolo deses momentos de calma antes de durmir. Mentres teciamos a rede, imaxinábamos que nela quedarían atrapadas as nosas precupacións e os nosos medos.

Foi unha actividade creativa e significativa que nos permitiu conectar a lectura coas nosas propias experiencias, traballar a motricidade fina e valorar a importancia dun bo descanso. 







Comentarios

Publicacións populares deste blog