Publicacións

Invisible, Redes e As flores da Vila

Imaxe
  Este curso, no Club de lectura, os nenos/as de 6º de primaria leron, no primeiro e no segundo trimestre, os libros Invisible e Redes, respectivamente. Dúas lecturas nas que se trataron temas de máxima importancia como son o bullying ou acoso escolar, o uso axeitado das pantallas ou a necesidade de priorizar a vida real sobre as aparencias virtuais. Ambas deron pé a profundas análises e debates arredor destas cuestións levándose a cabo diferentes actividades e propostas. No terceiro trimestre, prepararon e representaron a obra de teatro titulada As flores da vila.

Cartas a Ratón Pérez

Imaxe
  Este curso, no Club de lectura, os nenos/as de 2º de primaria leron o libro Cartas a Ratón Pérez. Unha divertida historia sobre este personaxe tan misterioso como entrañable. Arredor desta, levaron a cabo diferentes actividades como escribirlle unha carta entre todos/as para que viñera buscar un dente dunha nena ata crear a súa casiña nun recanto da clase. Pasárono xenial lendo a gran aventura na que o ratiño se veu envolto por axudar a un gato de nome Manchas Negras. Valores como a amizade, a valentía, a empatía e o agradecemento que se tratan neste libro, serviron para realizar reflexións conxuntas en tertulias animosas e cheas de humor.

¡Vivan las uñas de colores!

Imaxe
  Este curso, no Club de lectura, os nenos/as de 1º de primaria traballaron arredor do libro ¡Vivan las uñas de colores ! A través desta historia, aprenderon a importancia de respectar a esencia de cada neno/a e a liberdade de expresarse. Foi unha lectura que lles permitiu reflexionar moito arredor de aspectos relacionados coa solidariedade, a empatía, o compañeirismo e a diversidade. Así, levaron a cabo múltiples actividades, como: lecturas grupais, debuxos, colocar unllas de cores con plastilina, murais... Verdadeiramente, foi unha lectura que deu para moito.

El mundo de Clodett. Superlío de gemelas

Imaxe
  Este curso, no Club de lectura, os nenos/as de 3º e 4º de primaria divertíronse moitísimo lendo o libro El mundo de Clodett. Superlío de gemelas . As súas aventuras foron realmente alucinantes! A partir desta historia, fixeron diferentes actividades, como: marcapáxinas, debuxos das protagonistas, crearon en plastilina os personaxes... A verdade é que pasaron un tempo moi entretido e cheo de risas!

Plan de Rescate e Superheroes por accidente. Un equipo inesperado.

Imaxe
  Este curso, no Club de Lectura, os nenos/as de 5º de primaria acompañamos a Antía Yáñez na aventura de Plan de rescate , unha novela que nos fixo rir, emocionarnos e reflexionar sobre a importancia da inclusión, a amizade e o traballo en equipo. A medida que avanzabamos na lectura, fomos realizando diferentes propostas para comprender mellor a historia e conectar cos seus personaxes. Entre elas, levamos a cabo actividades de comprensión lectora, tanto orais como escritas, que nos permitiron compartir impresións, formular hipóteses e comentar os acontecementos máis sorprendentes da trama. Tamén dedicamos unha sesión á dramatización dunha das escenas do libro. O alumnado recreou a noticia de que uns atracadores se atopaban dentro do colexio, converténdose por uns momentos nos protagonistas da historia. A actividade rematou cun tabló final que serviu para realizar a fotografía que decorará as portas das nosas aulas, transformadas este curso en auténticas salas de cine dentro do n...

Unha historia con moitas voces

Imaxe
 Por fin rematamos o noso conto enlazado! Unha actividade de escritura creativa na que participou todo o alumnado, dende infantil ata o último curso de primaria. Os/as peques crearon os personaxes e os demais nenos/as foron, pouco a pouco, elaborando a historia. Agardamos que vos guste!

SEMANA do LIBRO 2026

Imaxe
 As nosas familias viñeron contarnos contos á Falconteca pola semana do libro